Buscar/Hemeroteca

jueves, 23 de noviembre de 2017

Ceebración do 40 aniversario da APEHL

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) celebrou o seu 40 aniversario esta mañá nas instalacións do IES Sanxillao de Lugo.

No acto estiveron presentes a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos; o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Xosé Manuel Balseiro; o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; o presidente da Federación Española de Hostalería e Restauración (FEHR), José Luis Yzuel, e o presidente da APEHL, Cheché Real, así como outras personalidades do mundo da hostalería.

Ademais de conmemorar esta data especial cun vídeo no que se recordaron os inicios e se adiantaron os retos de futuro, rendiuse homenaxe a varios socios fundadores pola súa achega e entrega na creación da Asociación. Os recoñecementos foron para Alberto García, do Mesón de Alberto, de Lugo; José Luis Loureiro, hostaleiro de Sarria e presidente da APEHL dende 1983 a 1986, e Ángel López-Leitón, do Hotel Leytón, de Foz. Santiago Argüeso, tamén recolleu un dos obsequios pola súa colaboración no proceso de constitución e ser apoio fundamental para o primeiro presidente, Manuel González-Granxeiro.


Trala entrega das figuras conmemorativas, o presidente da APEHL, Cheché Real, comezou a súa intervención lembrando precisamente “a todos aqueles que, dalgunha ou doutra maneira, puxeron o seu grao de area ao longo de todos estes anos e fixeron posible que hoxe a APEHL sexa o que é”. 

No hay comentarios: