APEHL, 40 anos de vida

A Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), conmemorou o cuadraxémo aniversario da fundación deste colectivo nun acto, xantar de confraternidade incluyido, no que foron himenaxeados Ángel López-Leytón, do Restaurante Leytón de Foz e, entre outros, Alberto García García (Mesón de Alberto), Santiago Argüeso e Jose Luis Loureiro, que foron os primeiros fundadores desta entidade.
O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa da bimilenaria cidade, Lara Méndez López, asistiron a festa da hostalería luguesa. Alí, Campos Conde deu a noraboa a APEHL polo seu aniversario e, de xeito especial, aos catro profesionais homenaxeados. O Presidente puxo en valor a actividade de todos os profesionais que integran este asociación e destacou que “celebrades 4 décadas de intenso traballo en defensa e impulso dun dos sectores punteiros da economía da nosa provincia: o hostaleiro”.

“Falar da riqueza turística da nosa provincia supón falar da hostalería e do traballo que levades. Cantos visitantes lembrarán a nosa provincia e dirán ... E para como Lugo. Estamos orgullosos de colaborar co voso traballo en defensa e impulso do conxunto do sector turístico da nosa provincia, do que sodes parte imprescindible, sendo a única administración galega que o fai, aínda non ter as competencias directas. Levamos feito un intenso traballo e aínda nos queda moito por facer. Non cesaremos coa nosa actividade conxunta, pois creo que é fundamental a suma do sector privado e do público, agardando o inicio da colaboración por parte da principal administración galega, para converter Lugo nun referente turístico no país. Xuntos podemos facelo”.

A Deputación de Lugo destinou este ano un total de 60.000 euros ás actividades que levan a cabo os máis de 800 hostaleiros lucenses que forman parte da APEHL. Con estes fondos, os membros da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo elaborou para todos os establecementos material informativo sobre a oferta turística e gastronómica da provincia. Por exemplo, salvapratos co mapa da provincia que inclúen códigos QR sobre puntos de interese turística nos Concellos. Tamén celebrou eventos como as xornadas gastronómicas Estase cocendo, dedicada ao cocido; ou Cume Tapas, que afondou sobre o pratos da Ribeira Sacra. Ademais, fíxose promoción exterior da campaña E para comer, Lugo, e ata cursos de formación, como o de especialización en enoturismo, que se baseou no aproveitamento cultural da viticultura.