Buscar/Hemeroteca

lunes, 27 de noviembre de 2017

383.000 € para subvencionar as actividades das confrarías de pescadores da Coruña

Xa está publicada no Boletín Oficial da Provincia a resolución de concesión das axudas do programa de subvencións destinado a actividades das confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia pola área de Promoción Económica da Deputación da Coruña.

Un total de 24 confrarías coruñesas resultaron beneficiarias do programa deste ano, cunha dotación económica global que alcanza os 383.843,24 euros, e que distribúe axudas que oscilan entre os 6.000 e os 24.000 euros.

A través destas subvencións, as agrupacións de pescadores da provincia poderán cofinanciar parte dos seus gastos de persoal de lonxa, administrativo ou de vixiancia, contratar servizos profesionais técnico-administrativos e formativos externos, ou desenvolver proxectos de control, xestión e mellora da súa produtividade, como a venda por internet.

As confrarías que percibirán axudas provinciais son: Agrupación de mariscadoras do Esteiro do río Anllóns (7.316,95 €), confraría de pescadores do Barqueiro de Bares (6.032 €), confraría de Camariñas (20.000 €), confraría de Camelle (15.000 €), confraría de Carreira e Aguiño (10.000 €), confraría de Corme (8.989,40 €), confraría de Ferrol (15.000 €), confraría da Coruña (23.208,14 €), confraría de Laxe (15.000 €), confraría de Miño (7.280 €), confraría de Muros (15.000 €), confraría de Sada (24.000 €), confraría Nuestra Señora de las Arenas – Fisterra (15.000 €), confraría de Cariño (15.000 €), confraría Virgen de la Barca (15.000 €), confraría de Pontedeume (15.000 €), confraría de Cabo de Cruz- Boiro (15.000 €), confraría de Corcubión (10.000 €), confraría de Lira (10.000 €), confraría de O Pindo (20.480 €), confraría de Portosín (24.000 €), confraría San Bartolomé de Noia (19.848,75 €), confraría San Telmo de Mugardos (15.000 €), confraría San Telmo de Porto do Son (16,688 €) e confraría Santiago Apostol de Barallobre (24.000 €).

A listaxe completa das subvencións e obxecto das mesmas pode consultarse no BOP : http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/11/24/2017_0000010068.html

f_ www.dicoruna.es

No hay comentarios: