Buscar/Hemeroteca

jueves, 19 de octubre de 2017

"Visitas Singulares Rías Baixas: Cemiterios Históricos"


A Deputación de Pontevedra vai poñer en marcha unha nova iniciativa titulada "Visitas singulares Rías Baixas: Cemiterios históricos" para desestacionalizar o turismo na provincia.    


A presidenta provincial, Carmela Silva, asegurou durante a presentación desta campaña que o "turismo de cemiterios está despuntando desde o ano 2015 debido ao grande valor que teñen estes espazos e a súa carga histórica. Así, o Consello de Europa recoñeceu, no ano 2010, como itinerario cultural unha Ruta dos Cemiterios Europeos". 

Así, a institución provincial vai levar a cabo unha acción promocional de divulgación de seis cemiterios singulares da provincia de Pontevedra entre os que se atopan Santa Mariña de Dozo (Cambados), o Cemiterio dos Ingleses (Vilagarcía de Arousa), o de San Mauro (Pontevedra), Pereiró (Vigo), Eidos (Redondela) e Arcos de Furcos (Cuntis).

Tamén vaise a desenvolver unha campaña de promoción dos cemiterios singulares da provincia de Pontevedra a través da páxina web de Turismo Rías Baixas e das canles do organismo nas redes sociais, poñendo en valor todas as accións turísticas que os propios concellos están impulsando para poñer en valor estes espazos. 

Esta acción de divulgación se completará coa visita ao cemiterio de Santa Mariña de Dozo, o vindeiro sábado 21 de outubro ás 18.30 horas, onde, tal e como informou a presidenta da Deputación de Pontevedra, "faremos unha visita guiada antes dun concerto no Auditorio de Cambados do grupo Cómplices, co nome de "Claves líricas", ás 20.00 horas, no que o grupo interpretará unha sembranza musical e poética sobre o poeta Valle Inclán".

f_ depo.es   foto_ elpensante.com

No hay comentarios: