Muiñada, Magosto e Samaín en Sabucedo coa festa da Musa

Muiñada, Magosto e Samaín volven na festa da Musa o 28 e 29 de outubro en Sabucedo. Como novidade este ano haberá sobre seis postos de produtos locais da tempada, como queixos, mel, sidra..., e posiblemente tamén haxa stands de artesanía, tanto de obxectos do municipio como da bisbarra, e ademáis este ano a festa amplíase ao domingo. Está previsto que ás 09.30 horas teña lugar, desde o curro novo, a Deporuta BTT-Sabucedo.

Outra da novidades e a I Maratón Fotográfico MUSA 2017, que é A temática será por suposto a festa da Musa. Haberá premios para as tres mellores imaxes e os interesados en participar poden consultar as bases do concurso en www.rapadasbestas.gal.

Ás 10.30 horas, desde o curro novo, haberá unha marcha comentada da Ruta de Sabucedo que inclúe un percorrido de 10 quilómetros a través de carballeiras, sendeiros do río, muíños pasando polo curro vello e pola igrexa, polo pobo... Ademais, haberá un percorrido máis corto, duns tres quilómetros, que só abarcará o pobo e os muíños.

O programa inclúe obradoiros de elaboración de pan e filloas. “É significativo como persoas de 70 ou 80 anos lles amosan aos rapaces de entre 4 e 12 anos como amasar o pan, facer as filloas... porque hai que salientar a colaboración que hai por parte de tódolos veciños para recuperar tradicións case esquecidas”, resalta Manuel Cabada, membro do colectivo organizador.

Ademáis de un xantar con produtos da Terra de Montes, haberá un showcooking a cargo da cociñeira do restaurante Samaná. “Vamos usar xabaril, castañas, salmón e setas, pero non vamos dar máis detalles porque queremos que sexa unha sorpresa”, apuntou Manuel Agrelo, responsable de eventos de Samaná. Tamén, haberá servizo de polbeiro e os interesados en reservar o xantar deberán chamar ao 659 908 745. A música estará moi presente durante a sobremesa.

Ás 18.00 horas terá lugar unha mostra e degustación da cociña de outono. Haberá conxuro e degustación de queimada, serán musical co grupo Muiñeiros do Sarela e os veciños cantarán o himno de Sabucedo. Ao redor das 19.30 horas arrancará a procesión da Santa Compaña, na que no ano pasado participaron unhas 200 persoas, e unha hora despois comenzará a ‘noite de Samaín’, na que non faltará a celebración do magosto xunto ao Teleclube.

O evento está organizado pola Asociación de Veciños e Rapa das Bestas de Sabucedo en colaboración co Concello da Estrada, da Diputación, de Rías Baixas e de Estrella Galicia. Juan Constenla, concelleiro de Cultura, Iván Sanmartín, Manuel Cabada e Henrique Bazal, membros do colectivo organizador, así como Manuel Agrelo, do restaurante Samaná, deron todos os detalles onte durante unha rolda de prensa.

f_aestrada.gal/