Luar Na Lubre pon en valor á Ribeira Sacra

Co obxectivo poñer en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental da Ribeira Sacra, o grupo folk Luar na Lubre grava estes días no Mosteiro de san Pedro de Rocas (Esgos) o que será o seu novo traballo discográfico.

A Deputación de Ourense colabora con este traballo discográfico que desenvolve o grupo folk, o cal incorporará como novidade no seu repertorio o idioma do afiador, o barallete, unha das singularidades da Ribeira Sacra.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, visitou o grupo, e destacou "o seu compromiso coa Ribeira Sacra e coa posta en valor da nosa cultura a través da súa música". Baltar dixo que esta "é unha ocasión perfecta para seguir apostando pola Ribeira Sacra, ao contar cun grupo folk de referencia no ámbito galego e internacional como Luar na Lubre, que elixiu san Pedro de Rocas para traballar na súa próxima produción, o que pon de relevo a importancia deste espazo que estamos a impulsar para que sexa declarado Patrimonio Mundial pola Unesco". 

A nova producción será presentada no Teatro Principal de Ourense en marzo de 2018 e abrangue composicións propias, música tradicional e melodías "que van lembrar e remarcar todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra". Romero destacou que esta é a primeira vez que se fai un disco destas características para potenciar e difundir a Ribeira Sacra a través da música", un territorio "que é desde sempre patrimonio da humanidade, aínda que oficialmente aínda non o sexa, e a nosa idea é poder falar con grandeza da Ribeira Sacra, potenciándoa a través da música".

f_ depourense.es