Buscar/Hemeroteca

jueves, 26 de octubre de 2017

Cata a Arte con Ribeiro

O C.R.D.O. Ribeiro presentará xunto co Centro Cultural Marcos Valcárcel, a cuarta edición do ciclo Cata a Arte, que terá lugar un ano máis en Ourense e que inclúe presentacións e degustacións de cinco das súas adegas acompañadas de accións culturais paralelas como teatro, danza e música. Durante o acto de presentación desvelaranse as adegas participantes así coma os grupos artísticos acompañantes. 

Na presentación participarán o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, o director do C.C. Marcos Valcárcel, Francisco González Bouzán, a representante da asociación sen ánimo de lucro Autismo Ourense, Natalia Montes, os representantes das cinco adegas protagonistas do ciclo e a bailarina de danza contemporánea Nuria Sotelo.

No hay comentarios: