Vila Verde: Festa das Colheitas, do 4 ao 8 de outubro

De agosto a novembro, Vila Verde (Portugal) píntase coas cores da tradición. No corazón do Minho verdescente, o municipio prepara unha oda ás xenuinas tradicións da rexión. O vestiario de outrora, as alfaias tradicionais, os sabores da gastronomía local, os saberes do mundo rural e as recreacións de prácticas ancestrais.

En total, son máis de 30 iniciativas preparadas para proporcionarlle experiencias únicas e inesquecibles. Os visitantes tamén poden participar nas actividades. Malhar o centeio e desfollar o millo, pisar as uvas e espadelar o liño… sentir os aromas e sabores e experimentarmos as costumes da cultura popular minhota.

A programación Na Ruta das Colleitas é ocasión única para visitar Vila Verde. Un municipio que abraza os ritmos da evolución e do progreso sen esquecer as súas raíces, onde modernidade e tradición camiñan de man nunha alianza harmoniosa.

A iniciativa reina da programación é a Festa das Colleitas – Feira Mostra de Produtos rexionais. Gastronomía, artesanía, produtos do campo, espectáculos de música en vivo, transmisións televisivas
e espectáculos culturais diversos, que se celebra do 4 ao 8 de outubro. Durante cinco días Vila Verde celebra a época das colleitas cunha mostra na que se presenta o mellor e máis xenuíno que o pobo vilaverdense ten para ofertar.
Galicia e Minho son rexións irmáns. A proximidade xeográfica contribúe para a aproximación entre os dous pobos, pero é a semellanza cultural a que transforma esa conexión circunstancial nun lazo máis forte e duradeiro.

Os sabores e saberes dunha rexión que está a menos dunha hora de distancia de Galicia. Por esta altura, diversas unidades de aloxamento hoteleiro e en espazo rural xúntanse ao Municipio de Vila Verde nesta “odisseia” pola cultura minhota e garanten prezos especiais de estancia e excelentes descontos durante os catro meses en que transcorre a Ruta.

As antigas casas de labranza gañan nova vida coa recreción de prácticas centenarias. Os mallos creban violentamente o centeio dourado polo sol, os pés chafan as uvas no lagar, as hebras do liño son extraídas da planta cos mazos tradicionais e as espigas de millo son desfolladas pola forza dos brazos dos homes e mulleres da comarca. No fin da xornada, é tempo de recuperar o corpo e o espíritu. Momento de alegría e confraternización, cunha farta merenda que é compartida con todos os
presentes.

Á recreación de tradicións ancestrais xúntanse moitos outros predicados. Da beleza idílica das paisaxes verdescentes á hospitalidade das súas xentes, pasando pola creatividade da artesanía, polos sons da música popular, polo sabor inconfundible da gastronomía local e pola riqueza do patrimonio
vilaverdense, son atractivos abondo para visitar Vila Verde.

O municipio de Vila Verde está a menos dunha hora de distancia para os visitantes galegos. Tras atravesar a ponte que separa Tui de Valença, debse seguir pola autoestrada A3, en dirección Porto/Viana do Castelo. Despois de 60km, a saída 10 en dirección á N308/Anais/Vila Verde é a opción correcta para embarcar nunha viaxe emocionante pola herdanza cultural minhota.

A programación pode ser consultada no blog http://narotadascolheitas.
blogspot.pt e na páxina de Facebook www.facebook.com/NaRotadasColheitas.