Trens Turísticos de Galicia no outono

O presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), Rosendo Fernández participou hoxe na presentación da tempada de outono dos "Trens Turísticos de Galicia" que tivo lugar na Casa de Galicia en Madrid. Na presentación tamén estiveron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega; e o xerente da Área comercial e Servizo de Atención ao Cliente de Renfe, Javier Díaz Trisac.

No que atinxe á provincia de Ourense, a proposta para esta tempada inclúe a ruta "Ourense termal e de compras" con saídas os días 7 e 21 de outubro desde Santiago de Compostela, a cal ofrece a posibilidade de gozar dunha visita guiada polo casco histórico da cidade e a Catedral, para continuar a viaxe, despois das compras, polas termas de Outariz.