Buscar/Hemeroteca

martes, 26 de septiembre de 2017

Ourense, o plan perfecto

O slogan "Ourense, un plan perfecto" serve de novo para presentar o destino turístico da Cidade das Burgas ante o mercado nacional, cunha campaña en medios online que se desenvolverá en mercados de proximidade, en concreto: Madrid, Castela-León, País Vasco, Asturias e Galicia.

Nesta ocasión Ourense fai fincapé na súa oferta comercial como atractivo complementario a todo o que a cidade ofrece ao visitante: cultura, gastronomía, patrimonio e, por suposto as augas termais, recurso diferenciador e que posiciona a cidade como a Capital Termal de Galicia, unha identidade que esta campaña busca tamén reforzar. A conxunción destes elementos fai de Ourense un destino multiexperiencial, novo e familiar, ideal para estancias longas ou escapadas, un verdadeiro plan perfecto.

A campaña céntraa, como material audiovisual, un vídeo sobre a oferta comercial de Ourense conducido pola presentadora e influencer Laura Opazo, na que a modo de guía de compras faise un percorrido por unha selección de establecementos singulares da cidade. Un traballo de branded content de calidade conducido por unha figura de prestixio nacional que pretende ter unha utilidade práctica para o potencial visitante, mostrándolle unha mostra de establecementos únicos, de calidade e representativos da oferta comercial que atopará no destino.

O alcalde, Jesús Vázquez, sinala que "temos claro que Ourense é un plan perfecto. E que esa perfección do moito que Ourense ten que ofrecer sublímase en outono, esa época do ano na que a nosa cidade amosa todo o seu potencial gastronómico, cultural, patrimonial e, como non, de compras. Porque o Comercio Local de Ourense é un dos recursos máis sobresaíntes no haber de atractivos que ten a Capital Termal de Galicia". Ademáis, pertinencia de facer unha campaña de promoción turística co foco posto nas compras está relacionado tamén co programa dos Trens Turísticos de Galicia, que nesta edición inaugura a primeira ruta á Ourense cidade, o tren "Ourense termal e de compras" que chegará a Ourense os días 7 e 21 de outubro e que combina ambos atractivos.

Turismo de Ourense lanza de novo a súa campaña a comezos de outono: un momento estratéxico xa que permite establecer unha promoción previa e introductoria da campaña de Nadal á vez que coincide cun un período de gran actividade na cidade, con numerosas citas de interese turístico como son o Festival Internacional de Cinema, os magostos, a FITO, etc.

A campaña otoñal permite dar continuidade ao destino, aproveitando o impacto logrado durante o período estival (onde moitos turistas da península achegáronse por primeira vez a Ourense) e mantendo o interese ata decembro, onde xa entronca coas accións de promoción encadradas nas vacacións de Nadal. Unha campaña que recolle o espírito de que "o verán continúa en Ourense", un destino desestacionalizado ideal para calquera época do ano.

A campaña desenvolverase fundamentamente en medios online sobre dous eixos, gráfico e audiovisual, con publicidade nas principais redes sociais (Youtube, Facebook, Instagram), as principais plataformas de televisión online en España (Mitele e A3Player) e magazines online especializados.

No hay comentarios: