Mellora do itinerario fluvial do río Sarela en Santiago

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou o proxecto de restauración e mellora do itinerario fluvial De ponte a ponte polo río Sarela. A actuación, que será executada grazas ao convenio asinado polo Concello e o Consorcio, conta cun orzamento de licitación de preto de 90.000 euros, e un prazo de execución de tres meses.

O alcalde, Martiño Noriega, lembrou que o itinerario fluvial fora acondicionado hai case dez anos, "pero dende entón non tivo o mantemento necesario e non se atopa en boas condicións a día de hoxe". O proxecto aprobado contempla a renovación dos pavimentos existentes, a mellora sa sinalización e a reparación das pontes do río. Tamén se limpará o mobiliario do tramo e substituirase o que se atope máis deteriorado