Buscar/Hemeroteca

martes, 26 de septiembre de 2017

A Coruña, cidade de investimentos, turismo e congresos

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinou con representantes da Cámara da Coruña e de Iberia o convenio que formaliza o acordo acadado desde o Consorcio de Turismo con estas dúas entidades para a promoción da Coruña como destino de investimentos empresariais, de turismo e congresos. 

No acto de sinatura celebrado no pazo de María Pita tiveron intervención, xunto co alcalde, o presidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña, Antonio Couceiro, o seu director, Gonzalo Ortiz, e o director de Ventas España de Iberia, Víctor Moneo, ademais do concelleiro de Emprego e Emprego e Economía Social, e presidente do Consorcio de Turismo, Alberto Lema, e a xerente de Turismo, Lanzada Calatayud. O convenio, que regula a colaboración das tres partes durante o presente exercicio, ten efectos retroactivos a 1 de marzo, para o desenvolvemento de actividades promocionais da imaxe da Coruña como destino turístico, congresual, empresarial, de investimentos e de actividades económicas de primeira orde.

No hay comentarios: