XXVIII Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña

A 28 edición da competición de remo Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña vaise celebrar na praia de Santa Cristina, en Oleiros o vindeiro martes, 15 de agosto, ás 12.00 horas, e contará coa participación dos clubs Cabo de Cruz, Ares, Puebla, Rianxo, Regatas Perillo, Mariñeiro de Mera, Mar de Mugardos, Muros, Cedeira e Esteirana de Remo, entre outras agrupacións deportivas de remo da provincia.

Este ano, os premios ascenderán a 13.650 €, que se repartirán entre os dez mellores equipos, con contías que variarán entre os 2.500 euros para os primeiros e 600 € para os décimos.

A competición está organizada pola Deputación da Coruña e a Federación Galega de Remo, coa colaboración do Concello de Oleiros e do Club Regatas Perillo.

O deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, destacou a longa traxectoria de colaboración entre a institución provincial e a federación, que posibilita "a celebración dunha das competicións con maior prestixio e arraigo do remo galego".

Así mesmo, Liñares sinalou que outro dos obxectivos é "apoiar economicamente a gran labor que realizan os clubs de remo da provincia e fomentar a afección a este deporte que conta conta cunha gran tradición en todo o litoral galego".