Buscar/Hemeroteca

jueves, 10 de agosto de 2017

Recreación virtual da vida na vila romana de Toralla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero e a tenente de alcalde e concelleira de Patrimonio Histórico, Carmela Silva, presentaron a aplicación gratuíta "Time Trip Experiencia: Toralla", que amosa unha recreación veraz da vida na vila romana nos seus momentos de maior esplendor, momentos da vida cotiá, ademais de ofrecer toda a información sobre o xacemento. 

Abel Caballero felicitou á tenente de alcalde e concelleira de Patrimonio Histórico pola iniciativa e á empresa Xoia polo seu "traballo excepcional" nunha aplicación que permite ver a vila romana de Toralla en realidade aumentada. 

"Time Trip Experience: Toralla" pode descargarse de balde e supón unha nova forma de achegarse e gozar deste xacemento romano. A través do móbil e de varias peañas repartidas polo espazo, a aplicación amosa unha recreación da vida na vila romana nos seus momentos de maior esplendor. 

Segundo explicou Caballero, simplemente con enfocar ás peañas podremos ver momentos da vida na vila romana, como as termas co seu moderno sistema de calefacción romano, o salón, a cociña ou os distintos usos e costumes dos romanos. Ademais de poder acceder aos modelos tridimensionais coa aplicación, os usuarios e visitantes poden coa aplicación obter toda a información dispoñible sobre o xacemento. 

O alcalde eloxiou o traballo da startup Xoia e recordou que naceu grazas ao concurso de emprendemento impulsado polo Concello de Vigo en 2014.

No hay comentarios: