Premios do certame de fotografía do Arde Lucus

Os premios do concurso de fotografía do Arde Lucus  foron entregados, este mércores, no patio central do Vello Cárcere, coa presencia da Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto con representantes de González Almacén Fotográfico, empresa organizadora do certame, en colaboración do Concello.
O primeiro premio, dotado cunha cámara Olimpus OMd- 10 markii , foi para Ramón Fuentes por unha fotografía que recolle unha manobra da Guardia Pretoriana; o segundo, unha cámara Olimpus Tough TG-TRACKER, correspondeu a Evaristo Pardeiro grazas a unha fotografía dun adestramento na Castra, e o terceiro, dotado cun vale de 150 euros canxeables na tenda online www.gonzalezalmacen.com, foi parar a Silvia Fernández, cunha instantánea do circo romano.