Festival folk en Vilagarcía

Con moita gana de parranda e coa previsión de bo tempo, o parque Enrique Valdés Bermejo e o entorno do Castro de Alobre estréase o domingo , 27 de agosto, como escenario da gran romaría que pretende ser o festival Folk no Alobre, aprazado hai unas semanas debido á choiva. O evento organizado polo colectivo pes de Barro coa colaboración da Concellería de Cultura inclúe un completo programa de actividades que van dende o baile e os obradoiros ata concertos pasando polo típico xantar romeiro. Ademais de fomentar a cultura e o folclore galego, con este festival o Concello pretende aproveitar a beleza e idoneidade do parque Enrique Valdés Bermejo e o entorno do Castro de Alobre para acoller actividades lúdicas, culturais e de lecer.