Buscar/Hemeroteca

miércoles, 30 de agosto de 2017

De tapeo por Lugo

Presentación do concurso
A concelleira responsable da área de Turismo do Concello de Lugo Carmen Basadre, o Patrono da Fundación TIC, Álvaro Santos, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, presentaron o XIII Concurso de Tapas de Lugo, que acollerán un total de 40 establecementos hosteleiros da cidade do 1 ao 17 de setembro. Serán pois,17 días nos que degustar o mellor da gastronomía local luguesa en pequenos bocados, así como catar os manxares dos cociñeiros e cociñeiras da hostelería da cidade, que darán o mellor da súa imaxinación para poñer en valor, a través de pequenas xoais gastronómicas, Lugo.

"A gastronomía, xunto aos tres patrimonios, é importante para o turismo de Lugo, e para recoñecer a cidade. Lugo non so é patrimonio histórico, cultural e verde, senón que tamén é patrimonio gastronómico", asegurou Basadre, quen fixo fincapé nos ingredientes que consolidaron tanto a este certame como á cidade como destino gastronómico, a rendibibilidade económica, a visibilización da hostelería local e a demanda do público. De feito, as cifras falan por sí soas, xa que o ano pasado vendéronse máis de 32.000 tapas.

O Concello colabora con este colectivo nesta cita que manterá os mesmos prezos que o ano pasado, que van dende un aos tres euros cada tapa. Como novidade, a final celebrarase tamén en setembro, concretamente a fin de semana do 22, 23 e 24. A 

Pola súa banda, Cheché Real destacou un ano máis a vertente solidaria deste certame, no que se recadarán fondos para o Banco de Alimentos a través das huchas donadas polo C.R.D.O. Ribeira Sacra. Así mesmo, subliñou que que o xurado popular elixirá ao gañador do concurso, e un xurado técnico ao establecemento que representará a Lugo en distintos concursos.

Entre as persoas consumidoras que proben as tapas e as valoren do 1 ao 5, de menor a maior puntuación, e que cubran ademais o folleto, sortearase unha viaxe dunha semana para dúas persoas e unha fin de semana nunha cidade europea tamén para dúas persoas. Ademais, valorando as tapas poderase participar en sorteo de ceas, estancias e rutas, entre outros.

Os 40 locais participantes neste concurso, que conta coa aplicación móbil Quedamos de tapas, que se pode descargar a través de códigos QR, son os seguintes: 3 Pés, A Adega, A Laxa, A Rotonda, Abrente, Antas, Argallo, Arrocería Os Cachivaches, Brisay, Bulló Xantar, Campos, Canela Bakery Coffee, Casa D`Auga, Cunca do Cantiño, Curruncho A Nosa Terra, Diveca, Eduri, El Consulado, El Riba, España, La Cosechera, La Encina, Manuel Manuel, Medievo, Mesón Colón, Mesón El Castillo, Mesón Pulpería O Castelo, Millenivm, O Cincuenta e Seis, O Figón, O Mercado Street Food, Paprica, Parrillada Antonio, Parrillada Fonsagrada, Fonsagrada-As Gándaras, Porta da Estación, Taberna Daniel, Taberna dos Peña, Tía Julia e Tosar.

No hay comentarios: