Catrocentos mil euros para a xestión de museos e fundacións da Coruña

A través da área de Cultura da Deputación da Coruña perto de trinta entidades sen fins de lucro titulares de museos ou centros de interpretacións e fundacións reciben un total de 428.546,68 € para o desenvolvemento de actividades culturais. Esta cantidade pódese ver incrementada na concesión definitiva se as entidades condicionadas emendan as solicitudes.

Nesta segunda convocatoria increméntase substancialmente cantidade concedida con respecto ao pasado ano, dunha liña de axudas que na pasada edición apoiou a programación e vinte e catro museos e fundacións.

"Como as outras liñas de apoio buscan unha distribución en función de criterios obxectivos, o que supuxo un sólido cambio na xestión da área de Cultura. Por outra parte, como nas outras liñas de subvencións, búscase afortalar o apoio a entidades que están a desenvolver un importante labor cultural, camiñando tamén a súa profesionalización", sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.

Catalogación e dixitalización de fondos, exposicións, obradoiros, encontros ou concursos son algunhas das actividades que a área de Cultura da Deputación da Coruña apoia a través desta liña de axuda que, segundo Goretti Sanmartín, "quere consolidar o traballo das entidades e garantir a súa estabilidade cun apoio que é necesario para as súas programacións culturais".

Concesión provisional por entidades:

Asociación Patronato Museo Etnográfico da Capela 14.179,20€
Centro Estudios Melidenses-Museo Terra Melide 23.296,39€
Fundación Araguaney Ponte De Culturas 2.125,00€
Fundación Bautista Alvarez De Estudos Nacionalistas 8.400,00€
Fundación Benéfico Docente Fernando Blanco 3.200,00€
Fundación Biblioteca De La Casa Consulado 8.717,12€
Fundación Centro Internacional De La Estampa Contemporánea 27.000,00€
Fundación Cidade Da Cultura De Galicia 19.182,30€
Fundación Compostela Arquitectura 8.400,00€
Fundación Dardo Instituto Do Deseño E Das Artes Contemporáneas (DIDAC) 10.000,00€
Fundación Eduardo Pondal 25.000,00€
Fundación Eugenio Granell 28.500,00€
Fundación Galiza Sempre 8.880,00€
Fundación Gonzalo Torrente Ballester 14.400,00€
Fundación Juana De Vega 20.400,00€
Fundación Luís Seoane 20.000,00€
Fundación Luís Tilve 27.000,00€
Fundación Museo Artes Gravado Estampa Dixital 19.318,70€
Fundación Paideia Galiza 11.735,00€
Fundación Para O Estudio E Divulg.Cuestion Soc.E Sind.Galicia 17.784,40€
Fundación Ricardo Pereza Y Verdes 10.000,00€
Fundación Rosalia De Castro 20.000,00€
Fundación Sargadelos 15.000,00€
Fundación Wenceslao Fernández Florez 10.000,00€
Fundación 10 De Marzo 7.178,57€
Padroado De La Casa De Troia 5.950,00€
Padroado Do Museo Do Pobo Galego 28.500,00€
Real Academia De Belas Artes Nuestra Señora Del Rosario 14.400,00€

f_ www.dicoruna.es