O xulgado do mercantil número dous de Lugo ditou unha pola que obriga a Corporación Alimentaria Peñasanta (Capsa), a filial industrial de Central Leiteira Asturiana (Clas), a cumprir o contrato que asinara coa empresa Casa Macán para a elaboración de queixos, nas súas instalacións de Taboada.

En concreto, elaboraríanse en Taboada produtos como os queixos de teto, o San Simón da Costa, un queixo de bóla, un tipo de queixo do país e un baby.
O contrato entre Capsa e Macán tiña vixencia de dez anos e era prorrogable outros tres. O conflito con Capsa foi duro para Casa Macán porque a empresa xa atravesaba unha complicada situación económica a consecuencia da perda da relación comercial con Mercadona, un proxecto para o que tamén fixera un gran investimento.