A ocupación hoteleira en xullo sube doce puntos en Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva comentou os resultados turísticos acadados no pasado mes de xullo. Silva subliñou que a provincia de Pontevedra "obtivo unha ocupación media do 84%, dous puntos superior á do ano pasado e sete puntos máis que o estimado a comezos do verán, cando prevíamos unha ocupación do 77,2% para xullo".

"Os resultados deste xullo foron os mellores dos últimos dez anos, superando en máis de dous puntos os datos de ocupación obtidos no 2016, cando xa se incrementaran ata en dez puntos os resultados con respecto ao 2015". 

A presidenta provincial tamén adiantou que "aínda que a comezos de verán estimábamos que agosto tería unha ocupación do 79%, estamos vendo que os portais de reservas por Internet como booking.com falan xa do 100% neste mes en zonas do Salnés, Vigo ou Val Miñor".