A Fonsagrada, albergue a pleno rendemento

O novo albergue Ramón Rodríguez da Fonsagrada acolleu a preto de 750 peregrinos desde apertura o pasado 7 de agosto, o que supón unha ocupación superior ao 76 por cento. Segundo informou a Xunta nun comunicado, o albergue lucense foi inaugurado polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e está situado na Casa Pasarín, un dos edificios "máis emblemáticos" da Fonsagrada. 

Este espazo foi rehabilitado por Turismo de Galicia cun investimento de máis de 600.000 euros. As obras melloraron a accesibilidade, substituíron unha parte da fachada por unha galería e dotaron ao edificio de tres dormitorios para o descanso de 42 peregrinos. 

O resultado das obras, segundo expresou o Goberno galego, tivo un resultado "moi eloxiado" e serve para recuperar un "espazo histórico ata agora abandonado". 

A apertura deste albergue ampliou a oferta de aloxamento no Camiño Primitivo como parte do plan director da Xunta do Camiño de Santiago.