A Finca da Fábrica da Luz de Caldas como referente do turismo industrial

Na rolda de prensa convocada para dar conta das actuacións que se están levando a cabo nunha das obras máis importantes dos investimentos que Caldas de Reis, está a desenvolver no marco da liña 1 do "Plan concellos 2017": a finca de Segade de Arriba, coñecida como a Finca da Fábrica da Luz, estiveron presentes a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo deputado de Cooperación, David Regades, e polo alcalde, Juan Manuel Rey,.

O investimento por parte da institución provincial é de 32.459 euros, e ten por obxecto a compra dunha superficie de 17.000 m2 dos terreos que conforman esta parcela. Trátase dun terreo localizado na parroquia de San Andrés, próximo á súa fervenza e no que resaltan as centenarias ruínas da antiga central hidroeléctrica, un edificio catalogado como patrimonio industrial europeo e que tivo un gran protagonismo na historia da industria eléctrica galega. 

Coa merca deste espazo, "transformarase Caldas para gardar unha imaxe viva da nosa historia" a través da "recuperación de edificios industriais, que é unha parte importantísima da atracción turística de moitos destinos internacionais coa captación de públicos con capacidade adquisitiva", asegurou a presidenta, "e que temos que conseguir que se implante na nosa provincia, polo que me alegro de que Caldas sexa un dos primeiros en facelo".

O alcalde de Caldas, Juan Manuel Varela, lembrou que "este edificio foi o emblema da modernidade da comarca" e avanzou algúns detalles do proxecto, que pretende impulsar o espazo a través do sendeirismo e a beleza paisaxística. "Escollemos libremente financiar o proxecto a través do ‘Plan concellos' porque queremos que este proxecto vaia da man dos e das mellores", asegurou o rexedor municipal, que lembrou que a implicación da Deputación de Pontevedra pasará por distintas achegas desde a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, a Escola de Cantería "para dotarlle unha imaxe en pedra" ou a Imprenta Provincial "rescatando do esquecemento a historia deste espazo cunha publicación que poña en valor o que foi cando o ano que vén se cumprirán 120 anos da súa posta en funcionamento".

www.depo.es