A APEHL promocionará os encantos lugueses en La Vuelta

Aínda que se anunciou que este ano a
Cheché Real, presidente da APEHL
APEHL non faría promoción turística e gastronómica da provincia de Lugo na Vuelta Ciclista a España, as negociacións de última hora deron os seus froitos e mañá o posto de … E para comer, Lugo estará presente en Nîmes (Francia), saída da primeira etapa da 72.ª edición da competición deportiva.

Co patrocinio da Xunta de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo desenvolverá unha campaña de difusión dos encantos gastronómicos, paisaxísticos, culturais, arquitectónicos, festivos etc. de todos e cada un dos 67 municipios que conforman a provincia lucense. 

Ata o próximo 10 de setembro, o posto de … E para comer, Lugo estará instalado na zona VIP de todas as saídas de etapa e nel ofreceranse, como vén sendo habitual, degustacións de produtos autóctonos facilitados de maneira altruísta polos consellos reguladores da DO Ribeira Sacra, IXP Ternera Gallega, DOP Queixo Arzúa-Ulloa, DOP Queixo do Cebreiro, IXP Pataca de Galicia, IXP Castaña de Galicia, IXP Grelos de Galicia, IXP Pemento de Mougán, IXP Mel de Galicia, IXP Fabas de Lourenzá e Agricultura Ecolóxica de Galicia, así como por Avimós, Asovega, Armadores de Burela, Galletas Daveiga e Afapán. Ademais, distribuiranse exemplares do novo volume da guía … E para comer, Lugo.