Buscar/Hemeroteca

sábado, 1 de julio de 2017

Visita guiada ao Centro BTT Ribeira Sacra

O Centro BTT Ribeira Sacra este domingo unha visita guiada organizada por Turismo de Galicia, a través de BTT Galicia, para dar a coñecer as posibilidades que ofrece esta instalación deseñada para a práctica da bicicleta de montaña.

Esta actividade forma parte dun programa de visitas destinada a afeccionados da bicicleta todoterreo que comezou o pasado 25 de xuño no centro BTT O Salnés e rematará o vindeiro 30 de xullo no centro BTT Portas de Galicia.

Ademais dos percorridos polos centros BTT O Salnés, Ribeira Sacra e Portas de Galicia, o día 23 de xullo terá lugar a visita guiada ao Centro BTT Serra do Xurés.

Esta actividade é gratuíta e está limitada a 40 persoas por acontecemento que se poderán apuntar vía online a través do enderzo electrónico htttp://.magmasports.es/spa/eventos.php.

Centros BTT Galicia é un proxecto a medio prazo que pretende dotar á Comunidade Autónoma de Galicia dunha rede de espazos para a práctica con bicicletas todo terreo (BTT). Un Centro BTT é un espazo ao aire libre, deseñado e preparado para usuarios da bicicleta de montaña, que posibilita o coñecemento do medio rural e natural a través da desta práctica deportiva.


No hay comentarios: