
Alí destacou que este evento se converte nunha
plataforma promocional dos produtos do mar e tamén dos recursos turísticos
galegos a nivel nacional e internacional, que permitirá que a cosa comunidade
siga sendo recoñecida no mundo como baluarte dos mellores produtos pesqueiros. Ademais a conselleira do Mar felicitou
á Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo pola organización desta primeira
edición do evento que converterá á cidade olívica nunha das grandes citas da
gastronomía marítima galega.