Buscar/Hemeroteca

jueves, 6 de julio de 2017

Uxía e Silvia Pérez Cruz abren o ciclo Os Xoves de Códax

Silvia Pérez Cruz e Uxía
Un verán máis, e xa van seis, Bodegas Martín Códax comeza “Os Xoves de Códax”, o seu ciclo de concertos estivais que reúnen a algúns dos mellores artistas galegos, moitos deles en fusión con grandes do panorama nacional. A mellor maridaxe de albariño e cultura musical arrancará este xoves 6 de xullo co concerto de Silvia Pérez Cruz e Uxía, o primeiro dun total de nove concertos, seis deles de fusión e, por tanto, irrepetibles.

Como cada verán, os concertos terán lugar os xoves de xullo e agosto a partir das 20.30 horas, na terraza de Bodegas Martín Códax, un lugar privilexiado para disfrutar das postas de sol veraniegas e das vistas da ría con Cambados ao fondo.

Seguindo o funcionamento de pasadas edicións, para poder asistir ao ciclo de concertos será preciso adquirir as entradas dende a tenda online de Bodegas Martín Códax (www.martincodax.com). Teñen un coste de 10 euros e os beneficios obtidos destinaranse a diferentes asociacións sen ánimo de lucro da zona, como parte do compromiso e a responsabilidade social da bodega para coa comunidad galega.

Uxía e Silvia Pérez Cruz, dúas das voces máis importantes e renovadoras que deu a música popular na península, invítannos a un concerto único en formato intimista no que o jazz, o flamenco e a rumba convivirán co alalá e ritmos brasileiros, da man do virtuoso multi-instrumentalista Sérgio Tannus e o guitarrista Mario Mas.

No hay comentarios: