Santiago de Compostela na guía GeoPlane das Cidades Patrimonio

GeoPlaneta, o selo editorial especializado en viaxes do grupo Planeta, vén de publicar a nova guía de viaxe polas cidades Patrimonio da Humanidade de España. A guía máis completa publicada sobre o conxunto destas 15 cidades españolas, con ilustracións descritivas de puntos de interese, planos xerais, despregables con información de utilidade para cada unha das cidades e máis de 600 fotografías para visualizar toda a súa beleza.

A guía, publicada grazas ao traballo en equipo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e os editores de GeoPlaneta, expón unha viaxe imprescindible polas 15 cidades, entendidas non como realidades illadas, senón como parte dun mosaico cultural, histórico e patrimonial no que aparecen de forma natural os trazos comúns, pero tamén os contrastes relevantes, xa sexan físicos ou intanxibles.

"Santiago de Compostela: Cidade Universal" é o título do capítulo dedicado á capital galega nesta guía, que está á venda en todas as librarías de España dende o 4 de xullo.