Ribadavia arranca a súa Mostra Internacional de Teatro

Esta semana Ribadavia convértese na capital indiscutible do teatro cunha Mostra Internacional que alcanza a súa 33ª edición congregando a centos de persoas cada día entre o 15 e o 24 de Xullo. 
A Mostra foi inaugurada oficialmente o pasado sábado co especáculo 'Do not Disturb', premio nacional de circo e coa representación de 'Golem', un innovador espectáculo no que os actores interactúan cunha proxección audiovisual a cargo da compañía 1927, en coproducción co Festival de Salzburgo, Théâtre de la Ville de París e Young Vic Theatre de Reino Unido.
Foi o principio dunha completa programación que inclúe obras de compañías internacionais procedentes de Grecia, Alemania, Lituania, Francia... Pero tamén espectáculos galegos e produccións chegadas doutros puntos de España. 
Ata o próximo luns, cada día ofrece unha nova oportunidade para gozar do teatro ao aire libre, a maioría das veces nun escenario privilexiado como é o auditorio do Castelo de Ribadavia.
Para hoxe luns está programada a obra 'Clean City', unha coproducción do Onassis Cultural Centre-Athens e o Goethe Institut. O resto do programa pode consultarse na web http://mitribadavia.com.