Buscar/Hemeroteca

jueves, 13 de julio de 2017

Paseo artístico polo Camiño Primitivo en Lugo

O Concello de Lugo preparou para este sábado un paseo artístico polo Camiño Primitivo ao seu paso polo municipio. A saída terá lugar ás 18:00 horas dende a Praza do Campo. O paseo, que durará dúas horas, rematará na Ponte Romana. 

Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse na Oficina Municipal de Turismo, nas instalacións da Praza do Campo nº11, ou por teléfono, no 982-251-658. As prazas son limitadas a un máximo de 30 persoas.

O obxectivo desta andaina, que se repetirá ao longo do verán, é convidar á descubrir o Camiño Primitivo dende unha perspectiva artística. Dito paseo converterase nun reto creativo para os e ás participantes, que coa súa cámara fotográfica ou dispositivo alternativo poedrán tomar imaxes coas que logo se creará un álbum colectivo.

No hay comentarios: