Paco & Lola e Lagariza tiunfan na XXIX Cata dos Viños de Galicia

Paco & Lola (Rías Baixas) e Lagariza Finca Míllara (Ribeira Sacra) son os mellores vinos blanco e tinto, respectivamente, da XXIX Cata doss Viños de Galicia, cuxa entrega de premios tivo lugar en Cambados, que este ano é Capital Europea do Viño. Celebrada conxuntamente coa entrega de premios da XIX Cata de Augardentes e VI Cata de Licores Tradicionais, no certame que promove a Consellería de Medio Rural, ainda que creado pola Asociación de Restaurantes Galegos Lareira nos seus inicios, participaron nesta edición 318 viños, 158 adegas e as 5 denominacións de orixe. 

Os Acios de Ouro nas distintas denominacións foron para os seguintes viños: Pazo Casanova (Ribeiro), D´Berna e Godeval, tinto e branco, respectivamente (Valdeorras), Pazo Villarei (Rías Baixas), Adega Vella tinto (Ribeira Sacra) e Setembro 16 e Quinta das Tapias, tinto e branco, respectivamente (D.O. Monterrei).

Este ano incorporáronse novas categorías para viños escumosos, viños de colleitas anteriores, viños de elaboración con madeira e viños de colleiteiro e pequenas edegas. Sensum Laxas, foi Acio de Ouro en escumosos, mesma distinción que a outorgada a Son de Arriero, da D.O. Ribeiro, en viños de colleitas anteriores; Peza do Rei Barrica 2015 (D.O. Ribeira Sacra) en viños de elaborcións con madeira e Vía Arxentea (D.O. Monterrei) e Lagar da Cachada, que tamén acadron o Acio de Ouro en viños de colleiteiro e pequenas adegas.

Mereceron Acio de Prata Mauro Estévez (Ribeiro), La Trucha (Rías Baixas) Trasdovento (D.O. Monterrei) en viños de colleitas anteriores, Celme do Souto (Ribeiro) na categoría de viños de elaboracións con madeira e Finca Teira (Ribeiro) no apartado de viños de colleiteiro e pequenas adegas.

Con Acio de Bronce resultaron elexidos 4F. Catro Ferrados (Ribeiro), Namorío (Rías Baixas); Priorato de Razamonde (Ribeiro) en colleitas anteriores e El Nido del Cvco (Ribeira Sacra) en madeira.

Na Cata das Augardentes Pazo Señoráns, Vedra del Ulla e Ximonde foron Pote de Ouro, Prata e Bronce, respectivamente; Fonte Frade, Bouza do Rei e Da Fada, na mesma secuencia anterior resultaros os premiados en Licor Café; sendo, finalmente Ouro Prata e Bonce de Licor de Herbas Porta do Miño, Ximonde e Mosteiro de Xagoaza.