Citas báquicas para este fin de semana en Valdeorras e o Rosal

O presidente en funcións do Consello Regulador de Valdeorras, Francisco García, e o alcalde do Barco, Alfredo García participarán na inauguración da XIX Feira do Viño de Valdeorras, na praza barquense de Viloira. No acto, este sábado ás 12:30 horas, que estará presidido pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, intervirá tamén o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández. O actor, Javier Veiga será o encargado de ler o pregón inaugural. 

O horario de apertura do recinto feiral, nas dúas xornadas, vai ser de 12,30 a 14,30 de 19,00 a 23,00 horas. Durante os dous días, os stands das 17 bodegas participantes estarán abertos para servir degustacións de viños e no recinto feiral sucederanse as actuacións musicais e diversas actividades dentro do programa complementario de actos do foro.

Para o domingo, ás 20:30 horas, está previsto o inicio do acto de entrega dos premios aos mellores viños da XVII Cata Oficial de Valdeorras. Posteriormente, clausurarase oficialmente a Feira do Viño 2017.

Por outra banda, no Baixo Miño celébrase tamén este fin de semana, unha nova edición da Feira do Viño do Rosal. Arranca este venres día 14 e rematará o domingo día 16. Aqueles que opten por esta cita poderán degustar os vinos das diferentes adegas participantes na feria, acompañados de produtos gastronómicos que se poderán adquirir nas carpas anexas instaladas para a ocasión pola organización.