As lexións romanas tomaron Lugo

Coa apertura simbólica das portas da Muralla de Lugo a cargo da Guardia Pretoriana comenzou este venres o Arde Lvcvs MMXVII, que estrea nesta edición o distintivo de Festa de Interese Turístico Nacional. Posteriormente, as tropas romanas e as tribos castrexas, acompañados pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, e outros membros da Corporación Local, desfilaron polas rúas do casco histórico. 

Para celebrar este recoñecemento acadado recentemento, o Concello e as 18 asociacións de Lugo involucradas ao máximo nestes festexos organizaron máis de 300 actividades para esta fin de semana, dirixidas a todos os públicos, cuarenta delas novidosas. 

Nesta primeira xornada tamén se inagurou o Macellum da Praza Maior e a Castra de Lvcvs Avgvsti. Ás 20:00 horas entraron as lexións pola Ponte Romana e, unha hora máis tarde, o pregón de Caio Antistio. Entre as novidades da xornada inaugural cabe sinalar unha andaina polo Adarve da Muralla e un torneo de Harpastum.

Máis información en www.ardelucus.com ou www.lugo.gal