Buscar/Hemeroteca

jueves, 22 de junio de 2017

XVII Festa do Becerreo ao Espeto para o San xoán lugués

Na XVII Festa do Becerreo ao Espeto, repartiranse dende as 21:15 horas en Santo Graal 3.500 racións de dous becerreos de raza autóctona (Tenreira Galega) entre todas as persoas que se acheguen a Santo Graal. 

Esta degustación gratuíta da mellor carne de Galicia tamén irá acompañada con pementos e pan, e de beber, cervexa, viño e refrescos. Ademais haberá unha verbena a cargo da orquestra Principal e unha fogueira de San Xoán, a partir das 12 da noite.

O evento foi presentado pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente da Asociación Veciñal e Cultural San Isidro da Piringalla e o da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, Ricardo Varela e Jesús Vázquez, respectivamente; así como presidente de ACRUGA, César Dorado.

O Concello apoia aos dous colectivos nesta cita posto que contribúe a dinamizar o municipio, potenciado, por un lado, a tenreira galega, e por outro, fomentando a economía dun barrio, tal e como manifestou a rexedora. Méndez agradeceulle á veciñanza o seu traballo por levar a cabo un ano máis esta festa e animou á cidadanía a achegarse á Piringalla a probar este manxar con indicación xeográfica protexida.

Ricardo Varela e Jesús Vázquez coincidiron en agradecer ao Concello a súa colaboración para celebrar un ano máis esta festa gastronómica, unha das de máis tradición de Lugo, que nas pasadas edicións concentrou unha asistencia de ao redor de 13.000 persoas. A organización espera alcanzar, ou incluso superar, o éxito do pasado ano.

www.lugo.gal



No hay comentarios: