San Xoán artesán en Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a presidenta da Asociación de Hostaleiros de Fontiñas, Tamara Seguín, e o coordinador da organización, Anxo Fernández, presentaron I Feira de Artesanía San Xoán nas Fontiñas, unha nova iniciativa lúdica impulsada polo colectivo hostaleiro co apoio do Concello para dinamizar o barrio e potenciar esta festividade. 

A I Feira de Artesanía San Xoán terá lugar esta fin de semana, dende mañá ao domingo, en horario de 11:00 a 15:00 e de 18:00 a 23:00 horas, e contará con 50 postos de artesanía e alimentación, ademais de obradoiros, demostracións, música, actividades infantís e unha sardiñada.

Os postos ofrecerán bisutería, prata, azabache, arame, téxtil, xabóns, madeira de olivo, coiro, cinturóns, velas, acuarelas, tarot, corona de lores, xoguetes de madeira, alpargatas, ambientadores naturais, aceites esenciais, aloe vera, perlas, cornos, especias, caramelos, garrapiñadas, xeados artesáns, embutidos lucenses e ibéricos, queixos, creps, e panaderías.

Tamén se celebrarán varios obradoiros artesáns. Entre eles, torneado de madeira, cestaría, azabache e arame. O sábado e domingo estarán na feira representantes da Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira de Lugo, cunha demostración de fiado de lá.