"Primavera de Música" nas Neves a ritmo de Swing

O Concello das Neves anuncia a terceira das actividades da Primavera de Música´17. Será este sábado 3 de xuño ás 20:00 h na praza do Concello (en caso de choiva, na Casa da Xuventude). Nela o público poderá gozar dunha actuación musical ao tempo que asiste a un obradoiro de baile Lindy Hop. 

Da música encargaranse The Alley Stompers, un quinteto de jazz que explora a música dos anos 20-30, os anos de maior auxe deste estilo musical. 

Pola súa banda, Swing On School, a primeira escola de bailes swing de Galicia, impartirá as clases de Lindy Hop; un tipo de danza que se fai por parellas na que se distingue a figura de leader (quen inicia os movementos) e a de follower (quen segue os movementos do leader).