Buscar/Hemeroteca

jueves, 22 de junio de 2017

Previsión de mareas vivas en Orzán polo San Xoán

Ante a previsión de mareas vivas, os servizos municipais de seguridade coruñeses, de cara a reforzar a información na noite de San Xoán, sinalizarán a praia do Orzán con elementos informativos onde se indicará a previsión do nivel que alcanzará o mar a distintas horas da madrugada.

A idea é delimitar esa liña con cintas para que as persoas que estean situadas neses espazos ao longo da tarde e as primeiras horas da noite poidan abandonalos con total seguridade antes de que chegue a auga. 

Un dispositivo formado por 420 efectivos -sen contar o persoal de limpeza- velará pola seguridade de todas as persoas que participen na celebración, e polo coidado dos espazos, para garantir a sostibilidade desta festa. Nese sentido, de cara a reducir os residuos durante esa noite, a Concellería de Medio Ambiente repartirá 4.000 ecovasos reutilizables en Riazor e o Matadoiro, dentro do proxecto piloto de Praias Vivas.

Ademáis, os concertos da explanada de Riazor adiantarán os seus horarios para facilitar que os movementos de persoas pola zona do paseo se fagan de forma escalonada, de cara a evitar aglomeracións. Desta maneira, a primeira actuación, da banda Mar de Fondo, comezará ás 20.30 horas, e ás 21.45 horas comezará Yul, para dar paso a Tregua ás 23.00 horas. Ao remate do espectáculo pirotécnico da media noite terá lugar o último concerto, que porá no escenario a Muchachito Bombo Infierno, entre as 00.15 e as 01.45 horas.

No hay comentarios: