Buscar/Hemeroteca

lunes, 12 de junio de 2017

Operadores turísticos holandeses e noruegueses visitan Galicia

Un grupo de axentes de viaxes de Holanda e outro de xornalistas noruegueses visitaron estes días o territorio da Comunidade galega nunha viaxe organizada por Turismo de Galicia ao obxecto de difundir os valores turísticos en ambos países.

A visita dos operadores turísticos holandeses está centrada na gastronomía e os viños de Galicia, de xeito que na súa estadía visitaron boa parte dos territorios vitivinícolas, así como outros lugares relacionados coa produción de peixe, carne e outros produtos gastronómicos senlleiros de Galicia.

Ademais, este grupo holandés de profesionais do turismo tamén puido coñecer varias adegas de varias denominacións de orixe e restaurantes de distintas vilas e cidades galegas.

Polo que respecta á demanda, o mercado holandés presenta un comportamento positivo neste inicio de ano superando nun 6,1% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 3,3% o número de noites do mesmo período de 2016.

Por outra parte, ademais dos operadores turísticos dos Países Baixos, estes días visitaron Galicia xornalistas e bloggers procedentes de Noruega, co obxecto de coñecer a oferta turística de Galicia, e máis concretamente a relacionada co produto Santuarios máxicos.

Na súa estadía na Comunidade galega, os visitantes noruegueses visitaron distintos lugares relacionados coa cultura popular galega, tanto na contorna costeira como na do interior.

Polo que respecta á demanda turística, a cifra de viaxeiros de Noruega  aloxados nos establecementos turísticos da Comunidade galega incrementouse nun 4,8% ao longo dos catro primeiros meses do ano en relación ao mesmo período de 2015.

No hay comentarios: