Oito candidaturas concurren ás eleccións en Valdeorras

O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras referendou un total de oito candidaturas de cara aos comicios para renovar a composición do organismo, que se celebrarán o vindeiro 9 de xullo. Así, proclámanse provisionalmente oito listaxes.

As cooperativas da comarca presentan unha listaxe común. Xunto a esta candidatura, aprobáronse dúas listaxes pertencentes á bodegas pequenas, dúas correspondentes a bodegas de maior dimensión e tres de viticultores (promovidas polos principais sindicatos agrarios).