Buscar/Hemeroteca

viernes, 9 de junio de 2017

"Nova invasión de triatletas" en Pontevedra

Esta fin de semana celébrase o Campionato de España de Tríatlon por Clubs na cidade de Pontevedra, onde se presentou o evento, no que participaron a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, o director do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Jesús López, e o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Óscar Surís.

O presidente da Federación Galega de Tríatlon, Óscar Surís, despois de agradecer o apoio continuado do Concello de Pontevedra nestes dez anos, así coma da Xunta de Galicia, explicou o funcionamento deste Campionato de España de Tríatlon por clubs, que aparece anunciado pola cidade co lema "Nova invasión de triatletas".

O Campionato de España de Tríatlon por clubs é a 3ª xornada da Liga Nacional de Clubs, que está formada por 6 probas. O campionato desenvolverase sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 19 quilómetros de bici e 5 de carreira a pe) e no mesmo recorrido do pasado ano. Actualmente hai 724 triatletas inscritos nas probas de 1ª, 2ª e Promoción (sen pechar o prazo de inscrición de deportistas).

No hay comentarios: