Máis de 20 adegas participarán na Festa do Tinto Rías Baixas

O Pazo de Mugartegui foi o escenario elexido para a presdentación da XII Festa do Tinto Rías Baixas que se celebrará en As Neves os días 8 e 9 de xullo. Foi presentada polo alcalde da localidade miñota, Xosé Manuel Rodríguez, quen definiu a programación do evento de "intensa e extensa". Estivo acompañado polo xerente do C.R.D.O. Rías Baixas ,Ramón Huidobro, que dixo que os tintos galegos, e nomeadamente os Rías Baixas "están de moda", algo que refrendou o sumiller e experto catador José Luis Aragunde e o feito de que máis de 30 adegas da denominación xa elaboran tintos.

Como preludio da festa terá lugar o mércores día 5 unha cata-maridaxe con bocados elaborados por A Xanela Gastronómica e tintos da D.O. no entorno da Praza de Abastos, mesmo escenario para a cato oficial que está programada para o xoves 6 e que estartá dirixida por José Luis Aragunde; e o venres 7 unha charla e cata de viños galegos biodinámicos impartida por técnicos da EVEGA.

A festa propiamente dita, na que participan máis de 20 adegas de Rías Baixas cos seus tintos, abrirase o sábado día 8, as 20 horas e, para as 23 horas está programado un espectáculo performance a cargo de Pablo Méndez, armonizado e ao compas dos sons da banda de música de As Neves no seu 125 aniversario.

O domingo 9 segue a festa, cos stands das adegas a pleno rendemento, e pola noite, como remate, a actuación dun grupo de vangarda como é a Orquesta Os Modernos. Para o domingo tamén está previsto ao longo da xornada, e en dúas sesións, un túnel do viño no entorno da Praza de Abastos.

A prenstación da Festa do Tinto Rías Baixas rematou cunha cata comentada de tres tintos Rías Baixas a 
cargo de Aragunde: Albamar do Esteiro, un coupage de caíño, espadeiro e mencía; e dous monovarietais, Goliardo espadeiro e Manuel d´Amaro pedral. O experto definiú aos tintos Rías Baixas como viños "frescos, atlánticos e fáciles de beber".

No contexto desta presentación Ramón Huidobro adiantou en primicia a cata de viños tintos galegos que vai organizar a revista Decanter no Reino Unido. Esta posibilidade xurdiú das negociacións realizadas polo Consello Regulador para traer á Festa do Tinto Rías Baixas a master of wine Sarah Jane Evans, que non pode estar finalmente por motivos persoais.