Incremento de pasaxeiros dun 20,5% no aeroporto de Vigo en maio

Os pasaxeiros creceron nun 20,5% no aeroporto de Vigo o pasado mes de maio, o que supón un incremento na a cifra de viaxeiros ata os 99.391. A terminal de A Coruña creceu nun 7,5%, mentres que a de Santiago o fixo nun 3,5%. 

Abel Caballero sinalou como "impresionante" este aumento. Peinador é o única terminal galega que obtén datos positivos en pasaxeiros, operacións e mercadorías. Estes datos, dixo, amosan que Vigo é a cidade que xera máis viaxes do todo o norte e oeste de España.

As mercadorías transportadas caeron na Coruña un 30%, con case 12,89 toneladas. Mentres, o incremento foi do 108,9% en Vigo, cunhas 57,03 toneladas de mercadorías. En Santiago, pola súa banda, as mercadorías transportadas, case 225,02 toneladas, implican un crecemento do 22,3% en variación interanual --de maio de 2016 a maio de 2017