Galicia exporta máis

De xaneiro a abril as as exportacións de emprersas galegas medraron un 10,8%, un punto máis que a media de España; Galicia logrou a segunda mellor balanza comercial de todo o Estado, ao sumar preto de 1400 millóns de euros no que vai de ano; e, no mes de abril, as exportacións subiron un 4,3% con respecto ao ano pasado, mentres que no conxunto de España baixaron un 2%.

Así o espuxo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no encontro empresarial con motivo do 40 aniversario da Confederación de Empresarios da Coruña, o carácter emprendedor das empresas galegas como elemento clave para que Galicia siga a bater novos récords de exportacións, como apuntan os últimos datos correspondentes ao primeiro cuadrimestre de 2017.

Diante destas cifras, incidiu en que se o papel das empresas foi fundamental durante a crise para buscar no mercado exterior novos nichos de negocio, segue a selo agora, cando innovar e saír fóra do mercado doméstico se volveu xa unha tarefa obrigada para consolidar o crecemento económico. “Sabedes da importancia que ten apostar pola innovación cando o cliente demanda calidade, novidade e valor engadido; e tedes ben presente que o termo internacional debe acuñar cada un dos vosos retos comerciais”, abundou.