Buscar/Hemeroteca

viernes, 30 de junio de 2017

Comeza a veda da centola e do boi en Lugo

A veda da centola e do boi na zona comprendida entre Cabo Estaca de Bares ata o Río Eo, incluíndo a ría do Barqueiro (na provincia de Lugo), comezará mañá, 1 de xullo, e rematará o vindeiro 3 de decembro. 

Así o especifica a resolución pola que se aproba o plan de xestión destas especies para a campaña 2017-2018, que establece o período de veda para este ano na provincia de Lugo. No caso das provincias da Coruña e Pontevedra, a veda destas especies iniciouse o sábado, 17 de xuño, e prolongarase ata o domingo, 12 de novembro. 

O período de veda significa que queda expresamente prohibida a captura destas especies para todas as embarcacións con artes menores e con porto base na nosa comunidade e tamén para aquelas que, tendo porto base noutras comunidades, teñan permisos especiais de pesca para faenar en augas galegas. 

A veda é unha das medidas que contribúe a aumentar a biomasa e a regular a pesquería da centola e do boi co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sustentable.

No hay comentarios: