Bebendo vermú con pemento !

Vermutería de Galicia, ubicada en Padrón, non deixa de sorprendernos. Esta empresa padronesa, pioneira na elaboración dos vermús a base de albariño acollido a D.O. Rías Baixas, propónnos un servicio xenuino do seu Petroni Branco que inclúe o pemento de Padrón. 

A posta en escena non pasa indiferente para nadie, pois visualmente lévamos a poner en valor a terra da que proceden estos singulares vermús que están a acadar os máis altos galardóns internacionais.

Petroni Branco xa resulta moi atractivo a primeira vista, pois recórdanos á variedade de Albariño ca que se elabora, pero como ademáis inclue na súa maceración o auténtico pemento de Padrón, o pemento de Herbón, desde Vermutería de Galicia non desaproveitan a oportunidade de poñelo en valor a través dun `perfect serve`que enamora a todos os que o proban, e axuda a diversificar as formas de utilizar o auténtico pemento de Padrón. 

Para os seus creadores é un paso máis na aposta pola defensa das materias primas da súa terra, polo saber facer das súas xentes e pola recuperación de aquelo que consideran moi seu. Dende os viñedos Rosalianos do Pazo Arrretén (Bodega acollida a D.O. Rías Baixas), crian o Albariño sobre as súas propias lías para manter a potencia e a frescura do albariño nos seus vermús, para posteirormente macerar hérbas e botánicos en alcohois puros autóctonos, onde no caso de Petroni Branco inclúen o afamado pemento de Herbón, que potencia os matices frescos herbáceos dun xeito único e moi xenuino. 

Todo bo producto exixe especialización e diferenciación. A maneira de conseguilo conleva esforzos sobrehumanos, recurrir a mateiras primas da máxima calidade, elaboracións mimadas e trasladar toda esta información de xeito honesto e veraz. E esto, a día de hoxe, ten un nome e é St. Petroni, ‘O Vermú de Galicia’