Buscar/Hemeroteca

viernes, 2 de junio de 2017

Ata Ourense en Vespa e Lambretta

A décima edición da “Scooterada Ourensá” encherá de vespas e lambrettas as rúas da capital ourensá, baixo lema “Vespa History X”. Concentraranse o vindeiro 11 de xuño, entre as 10.30 e as 12.00 horas, na Praza Maior de Ourense. A presentación deste evento tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente e o vogal do Club Vespa Lambretta Ourense, Julio Quintas e Alberto Oliveira, respectivamente.
Rosendo Fernández dixo que este evento organizado polo Club Vespa Lambretta Ourense “encherá de cor as rúas de Ourense, convidando a todos a gozar desta vistosa concentración”. Asemade, o vicepresidente da Deputación de Ourense lembrou que neste mes de xuño “Ourense revístese de colorido entorno ao mundo do motor, con numerosas iniciativas para os seus afeccionados”.

O Club Vespa Lambretta Ourense leva a funcionar doce anos e conta actualmente con máis de 70 socios, “sendo un referente na axenda cultural e deportiva de Ourense”, sinalou Julio Quintas. 

En canto á participación, o presidente do Club dixo que “ademais de contar cos socios e amigos do Club, achegaranse ata Ourense integrantes do 17 Clubs Vespa Lambretta que existen en Galicia. Tamén contaremos con participantes procedentes de Portugal, polo que contaremos cun mínimo de 150 motocicletas”.

Durante os dous días do evento, os participantes coñecerán os lugares máis emblemáticos da capitalidade ourensá con diferentes percorridos. “As claves do éxito da Scooterada é poñer en valor a cidade de Ourense, as termas e a gastronomía, tres piares importantes para atraer o turismo á Ourense”, sinalou Julio Quintas.

No hay comentarios: