A Romaxe Vikinga de O Vicedo celebrarse a finais de xullo

Lugo acolleu a presentación da segunda edición da Romaxe Viquinga do Vicedo, que se celebrará os días 28 e 20 de xullo. Trátase dunha festa que situará a Mariña lucense no epicentro da historia viquinga de Galicia, converténdose un importante reclamo turístico diferencial do verán galego.

Romaxe Viquinga do Vicedo é unha das perto de 30 festas de interese turístico galego, ademais das dúas de interese turístico nacional e unha de interese turístico internacional. Esta Romaxe contribuirá a converter á Mariña lucense nun destino xa de por si atractivo, que en todo o ano pasado se aproximou aos 150.000 viaxeiros aloxados e superou as 260.000 pernoitas.

Esta festa tamén serve para enxalzar a zona de os Moutillós, situada na praia de San Román, na que se pode apreciar un asentamento normando, e que supón un reclamo turístico diferencial de Galicia que se debe promover e conservar.