Buscar/Hemeroteca

viernes, 2 de junio de 2017

A industria agroalimentaria galega vai por unha pica en China

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que a industria agroalimentaria será un dos sectores de interese na viaxe institucional a China que terá lugar neste mes de xuño. Con este obxectivo, subliñou que varias empresas do sector estarán presentes nesta viaxe. Non en van, China é o maior importador de produtos agroalimentarios a nivel mundial, cunhas importacións en 2015 que ascenderon a máis de 90.000 millóns de euros.

Ademais da aposta pola internacionalización, Feijóo asegurou, durante a clausura da III edición do Foro e Premios Galicia Alimentación 2017, que o Goberno galego seguirá comprometido coa innovación e cunha industria agroalimentaria que achegue valor engadido. 

Feijóo concluíu resaltando que a industria agroalimentaria en Galicia significa: emprego, hoxe dá traballo a máis de 17.000 persoas; competitividade, porque alberga case 2300 empresas, cunha facturación superior aos 4600 millóns de euros; internacionalización, xa que en 2016 o valor das exportacións superou os 2600 millóns de euros; aposta polo rural, xa que o 60% destas empresas están en concellos de menos de 10.000 habitantes; e calidade, porque contamos con 31 denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas que, en conxunto, implican a uns 30.000 produtores e case 900 industrias.

No hay comentarios: