A Coruña amosa súa oferta turístico-gastronómica en Andalucía

O Presidente do Consorcio de Turismo da Coruña Alberto Lema e a Xerenta Lanzada Calatayud acompañados dun grupo de sete directores de hoteis da Coruña presentaron A Coruña como destino atlántico en Andalucía.

As dúas ciudades andaluzas mais importantes en emisión e recepción de turistas recibiron á delegación coruñesa cunha grande participación de público profesional. As presentacións contaron cunha  asistencia de mais de 160 axentes turísticos: mayoristas, touroperadores, empresas de receptivos e empresas de congresos, entre as que se atopaba Pacífico, unha dos OPCs mais importantes a nivel nacional.

A Coruña centrou a súa mensaxe en ideas frescas para as vacaciones salientando o carácter multiexperiencial da Coruña que abrangue todos os segmentos de productos e público, facendo especial fincapé nas oferta das festas coruñesas como o San Xoan, a Festas de María Pita e o festival Noroeste de Estrella Galicia.

O consorcio de Turismo tamén fixo unha aposta forte pola oferta gastronómica levando a tres chefs da asociación Coruña Cociña: Pablo Gallego, Javier Freijeiro e Moncho Bargo que recibiron unha ovación entregada dun público que salientou o sabor, a calidade e a posta en escena do produto galego que se degustou.

Esta presentación nestes dous destinos foi valorada polo Presidente de Hospeco, Rafa Benito, como “un grande éxito pola profesionalidade das axencias coas que podemos contactar e que estou seguro van traer moito turista de calidade a nosa cidade”.

O Consorcio contou ademáis coa colaboración da empresa “Hijos de Rivera” que está tendo unha importante expansión en Andalucía e quen ofreceu degustacións de Estrella Galicia e Cabreiroá.

Ambas presentacións contaron coa participación dos concelleiros de Turismo de ambas cidades que salientaron o éxito de participación da convocatoria tanto polo número de axentes como pola calidade e profesionalidade dos mesmos.