Xoves de festa en Santiago

O Mercado Nacional de Gando de Santiago (Amio) acolle no día da Ascensión a tradicional feira cabalar, pola que en 2016 pasaron arredor de 20.000 persoas. Os concursos celebraranse dende as 10:30 e ata ás 13:00 horas, cando terá lugar a entrega de premios e trofeos ás ganderías gañadoras e do Gran Pre
Myles Sanko
mio Dragóns de Santiago, que recaerá na egua ou no cabalo de pura raza que obteña maior puntuación nos concursos morfolóxicos. A partir das 13:10 horas terá lugar o grande espectáculo ecuestre ofrecido polo Club de Volteo de Burgos e a compañía Hnos. Borjas, coa participación especial da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Cómpre lembrar que a entrada á feira cabalar é libre e de balde.

Está confirmada la participación de ganderías procedentes dos concellos de Villagarcía de Arousa, Ferrol, Arzúa, Mosteiro, Santa Comba, Narón, Oza-Cesuras, A Estrada, Boqueixón, O Pino, Vilarmaior, Noia, Porto do Son, Padrón, Teo, Brión, Vedra, Touro, Val do Dubra, Dumbría, Carballo, Serra de Outes e Silleda. Disputaranse 1.360 euros repartidos en 15 premios que irán acompañados de trofeo e escarapela.

A praza da Quintana acollerá este xoves a partir das 21:30 horas os concertos de Myles Sanko e Eladio y los Seres Queridos. Myles Sanko é cantante de soul e compositor británico, fillo de nai ghanesa e pai francés. É o embaixador do novo soul europeo. Os seus temas combinan o soul-jazz melódico e o acid-jazz, pasando por temas de ritmos bailables. Coñecido como "The lovechild of soul music", empezou a súa carreira cantando e rapeando con DJ’s de Cambridge, a súa cidade natal. Formou parte de grupos funk como Bijoumiyo e Speedometer.