Buscar/Hemeroteca

miércoles, 3 de mayo de 2017

Xornadas de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia

As Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia supón consolidación e promoción dun produto que “mellora o nivel competitivo do sector turístico pero tamén a difusión do produto e dos produtores, repercutindo directamente na economía e xerando imaxe de destino”, salientou Nava Castro na presentación das mesmas.

Para a directora de Turismo de Galicia estas xornadas, que se celebrarán a penúltima fin de semana nas denominacións de orixe protexidas dos viños Rías Baixas e O Ribeiro, e a última fin de semana de maio en Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras, tamén contribuirán á posta en valor das paisaxes e dos recursos patrimoniais, así como da “etnografía e da artesanía dos territorios e das súas singularidades gastronómicas”.

Cada ruta ofrecerá un programa especial de actividades pra a fin de semana coma o venres de tapeo, catas comentadas, visitas a museos do viño, rutas monumentais, paseos en barca, trens turísticos, descontos en aloxamentos e outros eventos relacionados co mundo do viño. Ademais, varios restaurantes de cada una das denominacións de orixe protexidas dos viños da Comunidade galega, ofrecerán dous menús elaborados especialmente para a ocasión”.

Nava Castro lembrou tamén que nesta edición das Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia tamén se pon a disposición dos visitantes o bus do viño, “para poder achegarse comodamente e sen ningún problema nin preocupación ás diferentes adegas”.



No hay comentarios: